Programa de formación para empresas e profesionais culturais 2026

A Cidade da Cultura e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presentan un programa de formación orientada a profesionais das industrias culturais e creativas galegas, cunha especial atención á innovación tecnolóxica. A través desta colaboración, o obxectivo é capacitar aos participantes no uso de novas ferramentas e técnicas aplicadas á xestión, produción e difusión de proxectos culturais.

O programa consta de cinco cursos en liña que se impartirán entre febreiro e xuño, todos de acceso gratuíto. Inscríbete de balde na web da Cámara de Comercio.

Programa

1. Seminario: Blockchain e NFTs no sector cultural. 02.02.2026 - 19.02.2026. De luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h. 25 horas. Inscrición AQUÍ. 

Obxectivo: Comprender o impacto do blockchain e os NFTs na industria cultural e artística.

  • Introdución ao blockchain e o seu impacto na cultura
  • NFTs e propiedade intelectual no mundo da arte
  • Modelos de negocio baseados en NFTs
  • Retos e oportunidades para artistas e xestores culturais
  • Estudos de caso e boas prácticas
 

2. Cultura dixital e novos modelos de xestión cultural. 02.03.2026 - 17.03.2026. De luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h. 25 horas. Inscrición AQUÍ. 

Obxectivo: Introducir aos profesionais do sector cultural nas novas tecnoloxías aplicadas á xestión e difusión de proxectos culturais.

  • Introdución á cultura dixital e novos paradigmas
  • Xestión de proxectos culturais con ferramentas dixitais
  • Plataformas e ferramentas para a difusión en liña
  • Experiencias inmersivas (realidade virtual e aumentada)
  • Monetización e modelos de negocio na cultura dixital
 

3. Bootcamp: emprendemento cultural e tecnolóxico. 13.04.2026 - 28.04.2026. 25 horas. De luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h. 25 horas. Inscrición AQUÍ. 

Obxectivo: Formar emprendedores culturais no uso de tecnoloxías para a creación e sustentabilidade dos seus proxectos.

  • Contidos principais:
  • Métodos áxiles para proxectos culturais
  • Ferramentas tecnolóxicas para a xestión e difusión
  • Crowdfunding e modelos de financiamento dixitais
  • Branding e márketing dixital para proxectos culturais
  • Desenvolvemento dun proxecto en equipo
 

4. Obradoiro: Creación de experiencias culturais con intelixencia artificial. 11.05.2026 - 27.05.2026. De luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h. 25 horas. Inscrición AQUÍ. 

Obxectivo: Explorar o potencial da IA na creación de experiencias culturais innovadoras.

  • IA e creatividade: exemplos e tendencias
  • Ferramentas de IA aplicadas á arte, música e patrimonio
  • Desenvolvemento de experiencias interactivas con IA
  • Ética e IA no sector cultural
  • Caso práctico: deseño dunha experiencia con IA
 

5. Programa avanzado: Innovación e tecnoloxía na xestión do patrimonio cultural. 04.06.2026 - 18.06.2026. De luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h. 25 horas. Inscrición AQUÍ. 

Obxectivo: Capacitar aos profesionais do patrimonio na aplicación de tecnoloxías innovadoras.

  • Dixitalización e conservación do patrimonio
  • Tecnoloxías 3D para museos e exposicións
  • Xestión de arquivos dixitais e big data no patrimonio
  • Realidade virtual e aumentada aplicada ao turismo cultural
  • Estratexias de difusión dixital para museos e espazos patrimoniais

 

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h