Outra mirada | Visitas singulares á arquitectura do Gaiás

Queres descubrir o Gaiás con outra mirada? Esta primavera achegámonos á arquitectura e funcionamento da Cidade da Cultura cunhas visitas monográficas para afondar nun espazo diferente cada domingo, incluíndo algúns lugares habitualmente restrinxidos ao público.

A impresionante galería subterránea que conecta os edificios, os depósitos do Museo Centro Gaiás, as claves xeométricas que explican o conxunto arquitectónico, ou os laboratorios de investigación do Fontán son algúns dos puntos destacados destes percorridos que nos levan do primeiro ao último dos edificios erixidos no monte Gaiás.

Preme nos diferentes espazos para reservar a túa praza de balde e ven descubrir un dos exemplos máis sorprendentes e singulares da arquitectura contemporánea.

Maio 2026

Visita ao Edificio Fontán  

10 Mai 2026 | 12h

Da arquitectura de Peter Eisenman á de Andrés Perea: ven coñecer o último dos edificios construídos na Cidade da Cultura e os seus espazos dedicados á investigación de excelencia.

<reserva praza AQUÍ>

Visita ao Museo Centro Gaiás

24 Mai 2026 | 12h

Descubrimos os espazos expositivos do Museo Centro Gaiás, pero tamén as súas áreas agochadas: desde os depósitos de obra ata o gran montacargas.

<reserva praza AQUÍ>

Visita a espazos ocultos

31 Mai 2026 | 12h

Descubre lugares inaccesibles para o público nun percorrido polo Gaiás oculto: de norte a sur atravesando o subsolo da montaña e a galería de servizos que conecta os edificios.

<reserva praza AQUÍ>

.