Exposición: As nosas liñas de investigación en Paleopatoloxía: Estado da arte I

O vindeiro 16 de marzo ás 11:00 horas no Ecoespazo do edificio Fontán da Cidade da Cultura, o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) inaugura a exposición As nosas liñas de investigación en Paleopatoloxía: Estado da arte I, unha mostra que ten como obxectivo achegar á comunidade universitaria e á sociedade os avances desenvolvidos polo equipo dirixido polo Dr. Edgard Camarós neste ámbito de estudo.

A exposición reúne unha selección de pósteres científicos presentados en congresos nacionais e internacionais durante os últimos anos, xunto con material arqueolóxico, reproducións, modelos tridimensionais e outros recursos empregados no labor docente e investigador do equipo, moitos deles derivados de Traballos de Fin de Máster e do desenvolvemento de diversas teses de doutoramento.

A iniciativa busca ofrecer unha síntese do traballo desenvolvido no marco dos proxectos de investigación liderados por Camarós na Universidade de Santiago de Compostela e no CISPAC, así como abrir unha xanela ao laboratorio para mostrar como se estudan as pegadas da enfermidade no pasado e contribuír á difusión do coñecemento científico xerado.

De forma paralela, prevese a realización de visitas guiadas dirixidas ao alumnado de distintas titulacións, incluído o IV Ciclo, co obxectivo de reforzar o impacto formativo da iniciativa e consolidar a proxección académica da Paleopatoloxía como disciplina interdisciplinar.

Con esta proposta aspírase a poñer en valor o traballo colectivo desenvolvido nos últimos anos e a fortalecer a dimensión académica, colaborativa e de transferencia destas investigacións, partindo da convicción de que un dos principais obxectivos de calquera proxecto científico debe ser compartir os seus resultados coa sociedade.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h