O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe na Cidade da Cultura o lanzamento de REGA: Residencias artísticas do Gaiás, o novo programa da Xunta de Galicia para impulsar a creación artística. A través desta liña de traballo, a Cidade da Cultura porá os seus espazos, recursos e equipos técnicos ao servizo de creadores de dentro e fóra da nosa Comunidade que acudirán ao Gaiás para desenvolver os seus proxectos culturais.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitaron hoxe a exposición Lolita Díaz Baliño, a discreción imposta dunha grande artista, coa que a Xunta de Galicia homenaxea este ano á que foi a primeira muller en integrarse na Real Academia Galega de Belas Artes.
A Cidade da Cultura de Galicia programa este sábado 6 de marzo tres diálogos en liña –retransmitidos a través da súa canle de Youtube– para analizar a participación da muller na adopción de decisións e en roles de liderado en distintos ámbitos, poñendo o acento en tres sectores profesionais onde tradicionalmente a presenza masculina ten sido maioritaria, como poden ser o da tecnoloxía, o comisariado de exposicións e a dirección de galerías de arte, ou a Igrexa. A actividade está enmarcada nos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller que se celebra o próximo 8 de marzo.
A Xunta de Galicia en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela pon en marcha un programa de formación e asesoramento para empresas e profesionais culturais destinado a apoiar e mellorar a competitividade do sector nun momento especialmente delicado pola crise da covid-19.
A Xunta de Galicia conmemorará este domingo 21 o Día Internacional da Lingua Materna cunha actividade familiar de dinamización lingüística dirixida aos máis cativos, que será retransmitida en streaming desde a Cidade da Cultura, podendo verse nesta ligazón.
Así, os nenos que o desexen e as súas familias poderán gozar de Puño, puñete, unha orixinal proposta da man de Baobab Teatro que inclúe cantos, contos e xogos, para pasar unha hora de divertimento e aprendizaxe, entre as 11,00 e as 12,00 h da mañá.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95
- …
- seguinte ›
- última »




