A Cidade da Cultura de Galicia convidou a profesionais da xestión cultural, responsables de centros internacionais e Capitais Europeas da Cultura, e tamén a entidades privadas que realizan labores de mecenado no eido das industrias creativas, a reflexionar e achegar propostas de mellora sobre o complexo en diversos paneis de discusión.
A Xunta de Galicia súmase á celebración do Día Internacional dos Arquivos con Camiños, Paisaxe e Patrimonio, a nova mostra do Arquivo de Galicia que foi inaugurada hoxe co gallo desta efeméride polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.
Un Museo Centro Gaiás convertido en contorna virtual en 360º acolle a partir de mañá a Maker Faire Galicia, que repite este ano cun formato enteiramente en liña no que argalleiros de sete países diferentes –España, A Arxentina, O Xapón, México, EE.UU., Portugal e O Brasil– presentarán os seus proxectos.
A Xunta de Galicia convida a medio centenar de creadores, dos ámbitos das artes plásticas, as letras, as ciencias ou o audiovisual, a imaxinar xuntos a Galicia futura, título da que será a grande exposición do Xacobeo neste ano 2021.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- …
- seguinte ›
- última »




