Sala de prensa

 
Santiago, 04 de Febreiro de 2021

A Xunta de Galicia lanza unha visita virtual para a exposición As miradas de Isaac, aberta desde o 6 de novembro de 2020 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura e cuxo peche ao público –pola actual situación da covid-19– obrigou a suspender as visitas presenciais desde o 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro.

Santiago, 28 de Xaneiro de 2021

O festival infantil de curtametraxes Pequefilmes, promovido pola Xunta de Galicia para fomentar a creatividade e o gusto polo audiovisual entre os públicos máis novos, continuará o seu desenvolvemento a través da rede. Entre o sábado 30 de xaneiro e o luns 1 de febreiro, o público poderá ver desde as súas casas a escolma de curtametraxes do festival –organizada en catro sesións– a través da plataforma tv.festhome.com.

Santiago, 23 de Xaneiro de 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade promove a creatividade e o gusto polo audiovisual entre os máis pequenos e pequenas cunha nova edición do festival infantil de curtametraxes Pequefilmes, que mañá arranca na Cidade da Cultura de Galicia, podendo verse tamén, por vez primeira, a través da rede. A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, presentou esta mañá no Gaiás a programación e novidades desta quinta edición de Pequefilmes, acompañada do director do festival, Jorge Rivero, e do director da Agadic, Jacobo Sutil.

Santiago, 20 de Xaneiro de 2021

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura bota a andar hoxe as visitas didácticas a través de videoconferencias para explicar e dar a coñecer a exposición As miradas de Isaac aos centros escolares. Neste intre, xa están inscritos preto de 30 colexios.

Santiago, 19 de Xaneiro de 2021

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acolleu hoxe a preestrea de 3 Caminos, primeira serie internacional sobre a ruta xacobea e gran produción audiovisual do Xacobeo 2021-2022 é que foi considerada polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, como “a mellor carta de presentación de Galicia”.

Páxinas