Sala de prensa

 
Santiago, 19 de Marzo de 2021

A Xunta de Galicia de lanza a Residencia Literaria Cidade da Cultura, un novo programa deseñado para o apoio e acompañamento de escritores emerxentes e inéditos, baseado no intercambio de experiencias e a posta en común de coñecementos. Trátase dun proxecto especialmente concibido para os menores de 35 anos, pero aberto a aspirantes de todas as idades no que, baixo a dirección do escritor Javier Peña, terán a oportunidade de compartir impresións e aprendizaxes con grandes figuras do panorama literario actual, como Sara Mesa e Berta Dávila, que participarán nesta primeira edición.

Santiago, 18 de Marzo de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación RAC, Carlos Rosón, inauguraron hoxe na Cidade da Cultura a exposición Os brancos segredos do seu ventre, unha selección de 53 obras dos valiosos fondos da Fundación Rosón de Arte Contemporánea (Rac), colección privada situada en Pontevedra e que atesoura un dos fondos de creacións actuais máis relevantes de España.

Santiago, 17 de Marzo de 2021

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Narración Oral, a Xunta de Galicia programa o sábado 20 ás 12,00 horas na Cidade da Cultura o espectáculo Galicia Máxica, unha proposta da contadora Marta Ortiz cun repertorio composto na súa totalidade por contos tradicionais galegos e portugueses.

Santiago, 15 de Marzo de 2021

O ciclo Clásicas desfeitas, coproducido pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego (CDG), botou a andar hoxe coa anovadora reinterpretación de Prometeo encadeado de Esquilo, A tráxica historia do Doutor Fausto de Marlowe e o Frankenstein de Mary Shelley, a cargo da compañía galega Nononon Lab. Esta formación galega —integrada por José Faro, Xacobo Castro, Lucía Estévez, Laura Iturralde e Montse Piñeiro— foi a responsable desta anovadora proposta escénica, levada a cabo ás 12,00 h.

Santiago, 11 de Marzo de 2021

A Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego (CDG) amosan ao público este mes de marzo os proxectos artísticos Clásicas desfeitas, coproducidos por ambas institucións da Xunta de Galicia no marco do programa das Residencias artísticas do Gaiás (REGA) 2021 impulsado polo Goberno autonómico.

Páxinas