Sala de prensa

 
Santiago, 20 de Maio de 2022

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Museo do Mar de Galicia O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, unha exposición que se asoma, a través de 120 fotografías do século XIX ao XXI, ás realidades, paisaxes e patrimonio da ruta xacobea que une as cidades do Porto e Santiago de Compostela.

Santiago, 20 de Maio de 2022

A mostra itinerante Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño, organizada pola Xunta en colaboración coa Fundación “la Caixa”, recala desde hoxe na Cidade da Cultura como última parada do seu percorrido pola xeografía galega. A exposición reúne dez traballos de fotografía e vídeo de artistas actuais, tanto galegos como de fóra do país, que presentan unha nova ollada audaz e orixinal sobre a Ruta Xacobea.

Santiago, 14 de Maio de 2022

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade deu a coñecer os nomes dos 40 creadores e creadoras emerxentes seleccionadas para participar no seu XII Encontro de Artistas Novos, #EAN12.

Santiago, 12 de Maio de 2022

A Xunta inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia unha exposición no marco da conmemoración do Día das Letras Galegas, centrada na figura de Florencio Delgado Gurriarán. A mostra Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán na Biblioteca de Galicia reúne arredor de 40 pezas bibliográficas relacionadas co autor de Valdeorras pertencentes aos fondos custodiados no Gaiás, entre libros, xornais, CD’s ou revistas.

Santiago, 08 de Maio de 2022

A Xunta de Galicia despide este domingo a oitava edición de Escenas do cambio cunha intensa xornada que comezou as 6.30 horas, no momento da saída do sol, cando o público puido gozar dunha singular ópera contemporánea ao amencer composta e dirixida polo artista sonoro Ramón Souto e que se interpretou nos exteriores da Cidade da Cultura. 

Páxinas