O #EAN5 xa ten os seus 70 artistas novos

Santiago de Compostela, 07 de Agosto de 2015

O V Encontro de Artistas Novos xa ten o nome dos setenta creadores emerxentes que, durante unha semana, compartirán experiencias ao redor da arte contemporánea na Cidade da Cultura. Consulta a lista na área de descargas.

Do 7 ao 11 de setembro, o #EAN5 favorecerá a convivencia entre artistas emerxentes galegos e procedentes doutros lugares, ademais de poñer en contacto aos participantes con outros axentes do sector como críticos, comisarios ou art followers. Unha edición máis, o Encontro traerá ao Gaiás artistas e creadores xa consolidados para compartir as súas experiencias e reflexións ao redor da arte: Menchu Lamas,Ana Laura Aláez, Damián Ucieda, Enrique Marty e Aitor Saraiba, ademais de críticos de arte, xornalistas e comisarios que desenvolverán o labor de 'art followers'. 

Cada un dos participantes terá a posibilidade de realizar unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. A maiores, a Cidade da Cultura abre a posibilidade de que algúns dos participantes sexan elixidos para realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, convertindo esta infraestrutura nun lugar dedicado á arte e á creatividade.

 

 
pdf 573.91 KB