A Cidade da Cultura convida a maiores de 65 anos que o desexen a participar no Don Juan da compañía Voadora, unha das grandes propostas galegas que se estrearán para toda España na próxima edición do festival Escenas do Cambio que terá lugar a finais de xaneiro no Museo Centro Gaiás en Santiago de Compostela.
A Biblioteca de Galicia recupera a a obra de Lino González Rubido cunha exposición na que dá a coñecer 75 debuxos e caricaturas do artista galego, procedentes da colección recentemente adquirida polo centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A Cidade da Cultura anunciou esta mañá a segunda edición de Escenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción que se celebrará no Gaiás do 28 de xaneiro ao 13 de febreiro e que traerá 18 compañías de 10 países, cunha presenza destacada de novos creadores galegos e unha ollada a África e América Latina.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia iniciará nos próximos días as obras do Xardín Literario, o proxecto deseñado pola arquitecta galega Isabel Aguirre de Úrcola que transformará nun espazo verde dedicado ás letras galegas e ao goce da natureza un dos baleiros dos edificios non construídos do Gaiás.
A Cidade da Cultura convida a vivir un Nadal diferente no alto do Gaiás coa programación especial que ten preparada do 19 de decembro ao 2 de xaneiro para gozar en familia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 218
- 219
- 220
- 221
- 222
- 223
- 224
- 225
- 226
- …
- seguinte ›
- última »




