O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, invitou hoxe aos galegos a que “fagan seu” o Gaiás, que desde hoxe conta cun bosque con máis de 7.000 árbores, un xardín literario e dous parques infantís. “Buscamos traer e atraer vida a Cidade da Cultura, achegar o Gaiás a Santiago e aos seus visitantes, crear máis opcións de lecer ao aire libre, en definitiva, facer que o Gaiás se convirta nunha parte importante da capital de Galicia”, afirmou.
A Cidade da Cultura celebrará o vindeiro 21 de maio o Día dos Museos no Gaiás cun programa de actividades que xirará en torno ao mundo da moda, o téxtil e a arte pensado para gozar de balde e en familia.
A Cidade da Cultura organizará na Biblioteca e Arquivo de Galicia a exposición Rostros do país, un traballo do fotógrafo Xurxo Lobato que presentará un ‘retrato colectivo’ de Galicia a través de 70 fotografías de gran formato especialmente realizadas para este proxecto. Na escolma aparecerán persoeiros recoñecidos e cidadáns anónimos que representan eidos clave de Galicia.
Sonia Navarro Peralta vestirá de arte e moda as Torres Hejduk do Gaiás a través dunha nova intervención artística neste espazo arquitectónico do Gaiás. Do 2 de xuño ao 21 de agosto, esta creadora servirase da tradición téxtil galega para reivindicar o papel central da muller na estrutura familiar e social.
A Cidade da Cultura celebrará o Día das Letras Galegas cunha homenaxe cidadá a Manuel María a través dun espectáculo multimedia que inclúe lectura de poemas, música en directo, vídeo-creacións e ata un obradoiro de rap.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 215
- 216
- 217
- 218
- 219
- 220
- 221
- 222
- 223
- …
- seguinte ›
- última »




