Sala de prensa

 
Santiago, 26 de Maio de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, celebrou esta tarde, na apertura de portas da exposición ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ na sede do Instituto Cervantes, o regreso da obra do xenial fotógrafo de Allariz a Madrid, setenta anos despois da súa exposición no Círculo de Bellas Artes.

Santiago, 23 de Maio de 2016
Centro de Emprendemento

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a cuarta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, que nesta edición conta co patrocinio de Abanca e Afundación e a colaboración do Igape.

Santiago, 19 de Maio de 2016

A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, e o vicepresidente da Fundación Paideia, Guillermo Vergara Muñoz, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para que o Centro de Emprendemento do Gaiás e o Centro de Iniciativas Empresariais ‘Mans’, que xestiona dous espazos de coworking en Padrón e A Coruña, desenvolvan actividades de xeito conxunto, así como para que os emprendedores instalados en ambos os dous espazos poidan empregar os servizos destes centros.

Santiago, 19 de Maio de 2016
Acubillando a fauna do Gaiás

A Cidade da Cultura de Galicia convida aos escolares galegos a celebrar os vindeiros 6 e 7 de xuño o Día do Medio Ambiente cuns obradoiros patrocinados por Viaqua nos que descubrir a importancia da fauna e contribuír á súa protección no Bosque de Galicia.

Santiago, 04 de Maio de 2016
Bosque de Galicia

A Cidade da Cultura de Galicia convida a todos os cidadáns a descubrir a través de roteiros guiados gratuítos o Bosque de Galicia, a nova área verde de Compostela no monte Gaiás, así como o Parque da Balea e o Xardín Literario, espazos de lecer nos exteriores do Gaiás.

Páxinas