A Cidade da Cultura de Galicia acollerá este domingo 10 de xullo o I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, un novo encontro musical no que participarán preto de 500 mozos e mozas instrumentistas procedentes de 11 agrupacións musicais galegas, co dobre obxectivo de avanzar na súa formación e de amosar o seu traballo ao público.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta mañá, durante a presentación do novo Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de Hewlett Packard Enterprise, que a colaboración coa multinacional “é un paso importante para o desenvolvemento do Big Data en Galicia”.
A Fundación Villalar Castilla y León promove un encontro de artistas novos inspirado no formado do que se celebra na Cidade da Cultura desde setembro de 2011 da man de Rafael Doctor, un modelo que se ten levado con éxito a Uruguai e que este ano se replicará na cidade arxentina de Córdoba. A iniciativa que se celebra estes días en Segovia enmárcase nun acordo de colaboración entre a Fundación Villalar Castilla y León e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia que ten como obxectivo potenciar os artistas emerxentes.
A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha do 12 ao 16 de xullo a actividade BlindWiki, mapeando o invisible, un taller de artista co creador visual Antoni Abad dirixido a persoas con diversidade visual. A iniciativa, que parte do Centro de Emprendemento do Gaiás, busca animar ás persoas cegas ou con problemas de visión a compartir a través da arte as experiencias e dificultades que atopan na súa vida cotiá.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou canda Basilio Losada, o secretario xeral de Política Lingüística, o secretario xeral de Cultura e a directora xerente da Cidade da Cultura no acto onde se oficializou a cesión da última parte da biblioteca particular de Basilio Losada ao Goberno galego. Por este compromiso, arredor de 3.000 volumes de diversos eixes temáticos e “excepcional interese”, en palabras de Rodríguez, serán convenientemente catalogados e incorporaranse aos fondos da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 212
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- 218
- 219
- 220
- …
- seguinte ›
- última »




