Sala de prensa

 
Santiago, 09 de Xuño de 2016

Co gallo da celebración do Día Internacional dos Arquivos, o 9 de xuño, instituído pola Unesco hai 68 anos, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (RSEAP), Juan Bautista de la Salle Barreiro Pérez, asinaron hoxe no Gaiás a acta de entrega coa que se formalizar o depósito do arquivo desta Real Sociedade Económica de Amigos do País no Arquivo de Galicia.

Santiago, 09 de Xuño de 2016

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu esta mañá, no marco das xornada académicas da exposición Con-fío en Galicia, unha máster class de Manuel Outumuro (Ourense, 1949), un dos grandes fotógrafos de moda en España, que revisou a súa biografía e reflexionou sobre a evolución da fotografía de moda durante as últimas décadas, analizando as relacións entre a fotografía de autor, as grandes marcas e as publicacións especializadas.

Santiago, 06 de Xuño de 2016

Escolares galegos celebraron hoxe o Día do Medio Ambiente na Cidade da Cultura cuns obradoiros concibidos para descubrir a importancia da fauna e contribuír a súa protección no Bosque de Galicia. Ata alí se desprazaron esta mañá o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, que animaron aos nenos participantes a descubrir a riqueza do ecosistema do Gaiás. Á xornada asistiron tamén o director territorial de Viaqua, Julio Masid Bande, e a directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño.

Santiago, 03 de Xuño de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinou esta mañá na Cidade da Cultura un acordo de patrocinio coa empresa Gas Natural Fenosa e outro de colaboración coa Fundación Banco Sabadell con motivo da exposición ‘Rostros do país’ do fotógrafo Xurxo Lobato, mostra que acollerá a Biblioteca e Arquivo de Galicia do 15 de xullo ao 18 de setembro.

Santiago, 02 de Xuño de 2016
Intervención artística de Sonia Navarro

O papel da muller e os oficios tradicionais femininos póñense de relevo na Cidade da Cultura a través da unión entre arte contemporánea e artesanía na nova intervención artística nas Torres Hejduk do Gaiás: Quefaceres e equilibrios da creadora Sonia Navarro.

Páxinas