Sala de prensa

 
Santiago, 19 de Setembro de 2016
José Suárez

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia levará a exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan a Bos Aires e Montevideo, tras a súa estanza na sede do Instituto Cervantes en Madrid, onde se clausura hoxe despois de permanecer aberta ao público desde maio. Esta itinerancia por América Latina enmárcase no obxectivo de promover fóra de Galicia o coñecemento de José Suárez (Allariz, 1902- A Garda, 1974), considerado un dos grandes nomes da fotografía do século XX, achegando as súas imaxes ás cidades claves na súa biografía.

Santiago, 16 de Setembro de 2016

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, reforza a súa aposta polo emprendemento coa creación dunha nova aceleradora de proxectos relacionados coa industria audiovisual e o sector cultural galego, que se localizará na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Santiago, 15 de Setembro de 2016

A Cidade da Cultura de Galicia convida aos escolares galegos a ser parte do Spin 2016, o maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica, participando en obradoiros nos que descubrir e experimentar coa tecnoloxía.

Santiago, 14 de Setembro de 2016
Safari de Outono

A Cidade da Cultura dálle a benvida ao outono coa celebración dunha xornada para gozar en familia. Será o 24 de setembro cando nenos e maiores exploren o Bosque de Galicia para despois bailar ao son dos ukeleles da Ukestra do Medio nun Safari de outono que terá entrada libre e de balde.

Santiago, 08 de Setembro de 2016
Internvención das Torres Hejduk

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou esta mañá na Cidade da Cultura Homo Ludens, a intervención artística que Miguel Ángel Benjumea e Román Corbato realizaron no interior das Torres Hejduk. Este traballo resultou gañador no 2015 na convocatoria que realiza cada ano o Encontro de Artistas Novos (EAN), coa que convida os participantes a presentar un proxecto artístico nas Hejduk.

Páxinas