Un programa dobre de danza e música será o encargado de pechar este sábado ‘Escenas do Cambio’, o Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción da Cidade da Cultura. Dunha banda, o coreógrafo sirio Mithkal Alzghair trae a Galicia o seu espectáculo 'Displacement', que aborda os efectos devastadores da guerra en Siria. A continuación subirán ao escenario do Museo Centro Gaiás María Arnal & Marcel Bagés, que presentarán neste directo a súa vertente máis experimental.
A Cidade da Cultura de Galicia sumarase á programación de despedida do ‘Pergamiño Vindel’ —que regresa a Nova York tras exhibirse durante seis meses no Museo do Mar de Galicia en Vigo— cun concerto especial, xa que un dos grupos de música antiga máis aclamado da escena in
A programación do Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio ergue de novo o pano este xoves, día 8, espallando a súa programación do Gaiás ao centro da capital galega coa peza do coreógrafo portugués Miguel Pereira Miguel Meets Karima, na Sala Agustín Magán no Centro Sociocultural de Santa Marta; e con
O festival Escenas do Cambio, organizado pola Cidade da Cultura, trae mañá a Santiago a Mursego, que ofrecerá un concerto no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) no que interpretará cancións compostas no marco dun proxecto social impulsado en Euskadi para confrontar os estereotipos, prexuízos e rumores que serven de base á xenofobia.
A versión minimalista, pero igual de brutal, de Tiago Rodrigues de ‘Antonio e Cleopatra’ de Shakespeare abre hoxe, xoves, o Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- …
- seguinte ›
- última »




