Sala de prensa

 
Santiago, 28 de Setembro de 2017

A Cidade da Cultura, no marco de programas de actividades asociadas á exposición de Antón Lamazares Flor Novoneyra, acollerá o sábado 14 de outubro un concerto de Uxía, onde a artista interpretará temas do seu novo traballo, un libro-disco no que canta poemas de Uxío Novoneyra.

Santiago, 22 de Setembro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá o sábado 14 de outubro o concerto do último traballo musical da cantante Uxía, en homenaxe ao escritor Uxío Novoneyra, cuxos versos traducidos ao Alfabeto Delfín forman parte da mostra Flor Novoneyra, de Antón Lamazares.

Santiago, 21 de Setembro de 2017

A Cidade da Cultura na súa aposta por promover a difusión de ideas innovadoras acollerá por terceiro ano consecutivo as charlas TEDxGalicia, que se celebrarán o sábado 2 de decembro no Museo Centro Gaiás e que nesta edición terán como lema Ultreia. Ánimo para ir máis alá.

Santiago, 20 de Setembro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia convida a gozar en familia da música clásica coa Orquestra de Cámara Galega, que o vindeiro sábado 7 de outubro ofrecerá no Museo Centro Gaiás o concerto Miúda clásica, unha proposta pensada como unha oportunidade para achegarse a grandes compositores nunha velada para todos os públicos.

Santiago, 17 de Setembro de 2017

A Cidade da Cultura vén de pechar esta fin de semana una nova edición de Verán no Gaiás, o programa de actividades que se organiza nos meses de xullo, agosto e setembro e no que este ano participaron preto de 50.000 persoas.

Páxinas