Sala de prensa

 
Santiago, 03 de Novembro de 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destaca a “creatividade e extraordinaria preparación” dos alumnos  e alumnas que participaron na sétima edición de Despunte, o desfile de moda organizado polos alumnos e profesores da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, que se celebrou esta tarde no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago, 03 de Novembro de 2017

O Arquivo de Galicia recibiu hoxe o legado artístico e intelectual do músico galego Germán Lago (Vigo, 1883 – Madrid, 1967), que chega á súa terra natal cando se cumpren 50 anos do seu pasamento.

Santiago, 25 de Outubro de 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dará a coñecer in situ, o vindeiro 14 de novembro, o nome dos gañadores dos V Premios Emprende Gaiás Sixto Seco, certame convocado pola Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración do Igape e patrocionio de Afundación, co que se pretende favorecer o emprendemento no eido das industrias culturais.

Santiago, 24 de Outubro de 2017

A Biblioteca de Galicia pon en marcha unha serie expositiva para dar a coñecer entre a cidadanía as incorporacións máis recentes aos seus fondos.

Santiago, 23 de Outubro de 2017

O proxecto ‘AAMA’ (Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica) vén de ser elixido gañador da V Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, certame organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración coa Deputación da Coruña, e aberto a todos os participantes no VII Encontro de Artistas Novos (EAN7), entre os que se atopaba o seu art

Páxinas