A Cidade da Cultura de Galicia promove o cinema infantil coa celebración do Festival ‘Pequefilmes’, que na súa segunda edición proxecta durante esta fin de semana máis dun cento de curtametraxes, distribuídas en 23 sesións e procedentes de 33 países dos cinco continentes, que son complementadas con obradoiros de animación audiovisual tamén dirixidos á cativada.
A directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo, presentou esta mañá a institución como “recurso turístico estratéxico” no stand de Galicia en Fitur 2018, acompañada pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de chegar a un acordo co Centro Galicia de Bos Aires para exhibir por vez primeira en Galicia a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ‘A derradeira leición do mestre’, cadro que nunca ten saído da Arxentina e que se considera clave na traxectoria do intelectual e artista de Rianxo.
A Cidade da Cultura acolle o próximo sábado 27 de xaneiro a primeira das sesións do ciclo ‘Nexos’ de cultura contemporánea. A sesión, titulada A quimera da conciliación. Crianza, coidados e traballo doméstico no século XXI, arrancará cun relatorio de Carolina del Olmo, autora do coñecido libro ¿Dónde está mi tribu?
A segunda edición do Festival de curtas infantís, Pequefilmes ofrecerá a posibilidade de ver nunha soa fin de semana –a do 20 e 21 de xaneiro– máis dun cento de fitas, distribuídas en 23 sesións e procedentes de 33 países dos cinco continentes, que serán completadas con obradoiros de creación e experimentación cinematográfica, tamén dirixidos á cativada.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- …
- seguinte ›
- última »




