Sala de prensa

 
Santiago, 04 de Xuño de 2018

Galicia volverá converterse en punto de encontro da industria televisiva de Europa e América durante a celebración de Conecta FICTION, evento internacional dedicado á coprodución de series e miniseries que desenvolverá a súa segunda edición en Santiago do 18 ao 21 de xuño. A Xunta, ICEX España Exportación e Inversiones e Fundación SGAE promoven esta iniciativa, que este ano incrementou ata 400 o número de profesionais acreditados.

Santiago, 01 de Xuño de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia celebra o sábado 16 de xuño a quinta e última sesión de Nexos desta tempada, na que se analizará a evolución da música popular portuguesa nos últimos  50 anos, desde a irrupción da chamada 'nova canção portuguesa', co Zeca Afonso e Fausto, ata o panorama actual no que o fado foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

Santiago, 29 de Maio de 2018

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a creación do Centro de Excelencia en Tecnoloxías Innovadoras no Ámbito Socio Sanitario permitirá impulsar a transformación dixital en eidos como o envellecemento activo, a tarxeta social, o fogar dixital ou a alimentación saudable.

Santiago, 28 de Maio de 2018

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que no recinto da Cidade da Cultura se emprazará o edificio Fontán, onde se instalarán o novo Consorcio Interuniversitario de Galicia e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ademais do futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais. “Estes centros necesitan un espazo físico onde se poida traballar, e Galicia dispón dun lugar onde poden asentarse sen que iso supoña comezar a edificar desde cero e incrementar o gasto de forma innecesaria”, explicou.

Santiago, 25 de Maio de 2018

Nomes imprescindibles do folclore galego daranse cita do 8 ao 10 de xuño na Cidade da Cultura no Serán’01, o I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional, que nace para festexar a próxima declaración do baile galego como Ben de Interese Cultural (BIC) e que congregará a un milleiro de artistas en máis de 40 espectáculos. Artistas como Uxía, Susana Seivane, Budiño, Davide Salvado, Leilía, Ugía Pedreira...

Páxinas