Sala de prensa

 
Santiago, 12 de Setembro de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia convértese esta semana no epicentro do debate sobre as novas tendencias á hora de abordar proxectos culturais.

Santiago, 11 de Setembro de 2018
XV Romaría Coral Galega

A Praza Central do Gaiás transformarase nun grande escenario para acoller a XV Romaría Coral Galega o vindeiro domingo 16 de setembro ás 18.30 horas. Case 800 coralistas, procedentes de 34 agrupacións de toda Galicia, encherán de música a Cidade da Cultura, interpretando de maneira conxunta pezas do cancioneiro popular galego e internacional e obras de autores clásicos.

Santiago, 10 de Setembro de 2018

A Xunta de Galicia trae por vez primeira a Galicia A derradeira leición do mestre —obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e considerada o ‘Guernica galego’— como eixo central da exposición Castelao maxistral, da Cidade da Cultura de Galicia. A mostra, que se exhibirá no Museo Centro Gaiás do 5 de outubro de 2018 ao 3 de marzo de 2019, prantéxase como unha homenaxe ao papel que xogaron na construción do ensino público os mestres e mestras das tres primeiras décadas do século pasado (1900-1936).

Santiago, 04 de Setembro de 2018
Emilio Rúa presenta 'Duetos' na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura despide o Verán no Gaiás cun concerto especial de Emilio Rúa, músico e compositor de Ourense que presenta novo disco ao público o próximo 21 de setembro.

Santiago, 03 de Setembro de 2018

O WOS Festival SON Estrella Galicia presentou hoxe a programación completa da súa quinta edición, que entre o 12 e o 16 de setembro despregará en Santiago unha ampla oferta musical baseada na música electrónica e experimental e noutras manifestacións artísticas, tamén situadas na vangarda cultural.

Páxinas