Sala de prensa

 
Santiago, 17 de Setembro de 2018
VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a sexta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso que impulsa o desenvolvemento de ideas emprendedoras relacionadas coas industrias culturais en Galicia. Nesta edición, os premios repártense en dúas categorías: proxectos en internet e desenvolvemento de aplicacións informáticas no sector cultural e proxectos relacionados co deseño, a xestión cultural e a creación artística e plástica.

Santiago, 14 de Setembro de 2018

A Cidade da Cultura acolleu a tarde de hoxe a XV Romaría Coral galega, o evento máis importante en Galicia deste xénero musical, ao reunir preto de 800 voces na Praza Central do Gaiás, procedentes de 34 agrupacións. Todas elas entoaron de maneira conxunta pezas do cancioneiro popular galego e internacional, obras de autores clásicos e, como alfinete de ouro, remataron interpretando o Himno galego, acompañados pola Banda Municipal de Música de Santiago.

Santiago, 12 de Setembro de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia convértese esta semana no epicentro do debate sobre as novas tendencias á hora de abordar proxectos culturais.

Santiago, 11 de Setembro de 2018
XV Romaría Coral Galega

A Praza Central do Gaiás transformarase nun grande escenario para acoller a XV Romaría Coral Galega o vindeiro domingo 16 de setembro ás 18.30 horas. Case 800 coralistas, procedentes de 34 agrupacións de toda Galicia, encherán de música a Cidade da Cultura, interpretando de maneira conxunta pezas do cancioneiro popular galego e internacional e obras de autores clásicos.

Santiago, 10 de Setembro de 2018

A Xunta de Galicia trae por vez primeira a Galicia A derradeira leición do mestre —obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e considerada o ‘Guernica galego’— como eixo central da exposición Castelao maxistral, da Cidade da Cultura de Galicia. A mostra, que se exhibirá no Museo Centro Gaiás do 5 de outubro de 2018 ao 3 de marzo de 2019, prantéxase como unha homenaxe ao papel que xogaron na construción do ensino público os mestres e mestras das tres primeiras décadas do século pasado (1900-1936).

Páxinas