Sala de prensa

 
Santiago, 28 de Novembro de 2018

O recital da Coral Polifónica de Pontevedra deste sábado, día 1, no Museo Centro Gaiás ofrece a oportunidade case única de poder ver un dos panos deseñados á formación por Alfonso D. Rodríguez Castelao.

Santiago, 23 de Novembro de 2018

A cuarta edición da Maker Faire Galicia comezou hoxe na Cidade da Cultura cunha xornada dedicada ao sector profesional, onde destacaron proxectos que apostan polo novo modelo da Industria 4.0.

Santiago, 21 de Novembro de 2018

A organización da Maker Faire Galicia deu a coñecer esta mañá nunha rolda de prensa os detalles da que será a cuarta edición desta feira de inventores e inventoras, consolidada como unha das máis importantes a nivel europeo e punto de encontro innovador e colaborativo a nivel galego.

Santiago, 19 de Novembro de 2018

A Cidade da Cultura entregou esta tarde os VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco ás mellores ideas emprendedoras do ano no sector das industrias culturais e creativas. Nesta edición, o xurado decidiu premiar unha iniciativa para dar visibilidade á loita pola igualdade de xénero e dous proxectos que actualizan, a través do deseño e da tecnoloxía, elementos tradicionais da cultura galega.

Páxinas