Sala de prensa

 
Santiago, 17 de Decembro de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia xa ten datas —do 7 ao o 16 de febreiro de 2019— para o festival máis vangardista das artes escénicas en Galicia, Escenas do cambio, no que se poderá ver un total de 17 obras escénicas, procedente de sete países (España, Portugal, Francia, Alemaña, Suíza, Polonia e Porto Rico) nunha programación que terá o privilexio de reunir nunha mesma edición a dous grandes referentes da vangarda, como son Esther Ferrer (Donostia, 1937)  e Isidoro

Santiago, 14 de Decembro de 2018

A Cidade da Cultura comeza a súa celebración do Nadal esta fin de semana cun programa cargado de actividades para que a cativada da casa descubra as tradicións coas que se conmemoran estas festas noutras partes do mundo. O Museo Centro Gaiás abriu as súas portas esta tarde transformado nunha Cidade do Nadal engalanada coa luz e as cores propias desta época do ano.

Santiago, 12 de Decembro de 2018

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, anunciou esta mañá que a Xunta de Galicia organizará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a exposición máis ambiciosa realizada até o momento sobre a historia do fútbol galego. A mostra, titulada Valor e mestría.

Santiago, 07 de Decembro de 2018

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, anunciou esta mañá que as obras para a construción do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura de Galicia, comezarán o próximo luns, cumprindo así co calendario establecido que prevé a súa finalización no último trimestre de 2020 e a súa posta en marcha no Xacobeo 2021.

Santiago, 01 de Decembro de 2018

A Fundación Cidade da Cultura presentou hoxe no Culturgal, a feira das industrias creativas, un avance da súa programación de inverno, na que os nenos e nenas terán un papel destacado, especialmente nos meses do Nadal. Obradoiros creativos, cinema e unha grande árbore de Nadal para decorar en común sobresaen entre as actividades se poderán gozar no Gaiás.

Páxinas