A Cidade da Cultura de Galicia arranca hoxe venres a celebración durante dúas xornadas do Día dos Museos coa inauguración da exposición No Museo, pola cara.
A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar Reb/veladas na paisaxe, un novo ciclo de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás co que se procura non só a posta en valor das súas zonas naturais —Bosque de Galicia e Parque do Lago– senón tamén darlle visibilidade á presenza da muller na arte contemporánea, incorporando unha perspectiva de xénero que reflicta a diversidade no ámbito creativo.
A Cidade da Cultura acolleu hoxe a xornada ‘Cultivando o emprego, semente para a inclusión’, promovida pola entidade Acción contra el Hambre. Concibido como un encontro dinámico e participativo, o evento afondou no impacto das iniciativas de emprendemento e procura de emprego na inclusión social, analizando experiencias en primeira persoa do ‘Vives Proxecto’ (Vives Proyecto), desenvolvido en Galicia por esta ONG para apoiar a persoas desempregadas ou en situación de inestabilidade laboral.
A Cidade da Cultura de Galicia ampliará a celebración do venres día 18 do Día dos Museos tamén ao sábado 19 cunha ampla programación na que as visitas comentadas, en 13 modalidades diferentes, serán as principais protagonista. Trátase dun xeito de tirar proveito da alta valoración e demanda que este formato rexistra no Museo Centro Gaiás, á vez que fornecer o lema deste ano: a hiperconectividade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- …
- seguinte ›
- última »




