Sala de prensa

 
Santiago, 25 de Xaneiro de 2019

A Biblioteca de Galicia celebrará o Día da Ilustración o próximo mércores 30 de xaneiro poñendo en valor a obra do artista vigués Federico Ribas Montenegro, protagonista desta data que promove a Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), a través do Calendario do libro e da lectura 2019.

Santiago, 23 de Xaneiro de 2019

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia presentou hoxe o Obradoiro de Novela Cidade da Cultura, unha actividade pensada para axudar a desenvolver o talento de novos valores na literatura galega.

Santiago, 21 de Xaneiro de 2019

A Cidade da Cultura de Galicia súmase aos actos polo Día de Castelao —que se celebra o 30 de xaneiro, data do seu nacemento— botando a andar ese mesmo día o ciclo Diálogos ao redor de Castelao, un espazo de conversa, análise e reflexión sobre a época, a figura e a obra do intelectual galeguista, que contará coa participación de destacados especi

Santiago, 21 de Xaneiro de 2019

O festival infantil de curtametraxes Pequefilmes regresa os días 26 e 27 de xaneiro ao Museo Centro Gaiás cunha programación que percorre os cinco continentes e destinada ao público máis miúdo da casa.

Santiago, 19 de Xaneiro de 2019

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, asistiu esta mañá á inauguración da exposición Bibliotecas no espello, unha viaxe polo libro e a literatura a través das edicións facsímiles, a quinta que se realiza no marco das actividades anuais do programa Nortear, creado en 2015 a través dun memorando de entendemento asinado entre a Consellería de Cultura e Turismo, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia- Norte de Portugal.

Páxinas