A Cidade da Cultura de Galicia encheuse esta tarde coa música dos países no exilio e na diáspora que marcaron a Castelao, grazas ao concerto ofrecido pola Real Filharmonía de Galicia, dentro das actividades ao redor da exposición Castelao maxistral, que exhibe por vez primeira en Galicia A derradeira leición do mestre, lendario cadro do artista de Rianxo e que xa foi visto no Museo Centro Gaiás por máis de 25.000 persoas.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, presentou hoxe O teu Xacobeo, a primeira convocatoria aberta de proxectos destinada a incorporar e cofinanciar novas iniciativas na antesala do Xacobeo 21. Ante 400 persoas nun acto celebrado na Cidade da Cultura, o conselleiro chamou a todos os galegos a construír xuntos o Ano Santo máis participativo a través deste programa, aberto a calquera cidadán, empresas, entidades públicas e privadas e sen ánimo de lucro da Comunidade.
A Cidade da Cultura duplicou o número de visitas no Nadal grazas á exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra —que exhibe por vez primeira en Galicia ‘A derradeira leición do mestre’— e ás actividades para público familiar de Cidade do Nadal, unha urbe máxica con obradoiros, cunha grande para decorar conxuntamente e cun premiado espectáculo familiar.
A Consellería de Cultura e Turismo despedirá cun concerto da Orquestra de Cámara Galega a exposición Castelao maxistral, a mostra organizada por la Xunta de Galicia na Cidade da Cultura que está a brindar a oportunidade de contemplar por vez primeira en Galicia A derradeira leición do mestre, o lendario óleo pintado polo intelectual e artista de Rianxo en Buenos Aires (Arxentina).
A Cidade da Cultura de Galicia continúa a despregar actividades ao redor de Castelao maxistral, a exposición que permite contemplar por vez primeira en Galicia a ‘A derradeira leición do mestre’, lendario cadro visitado xa por máis de 20.000 persoas. Este programa arrancará en 2019 cunha xornada dedicada ao exilio xa que foi nesta circunstancia cando o artista de Rianxo pintou o óleo que artella o relato da mostra.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- …
- seguinte ›
- última »




