Sala de prensa

 
Santiago, 19 de Novembro de 2018

A Cidade da Cultura entregou esta tarde os VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco ás mellores ideas emprendedoras do ano no sector das industrias culturais e creativas. Nesta edición, o xurado decidiu premiar unha iniciativa para dar visibilidade á loita pola igualdade de xénero e dous proxectos que actualizan, a través do deseño e da tecnoloxía, elementos tradicionais da cultura galega.

Santiago, 17 de Novembro de 2018

O ciclo cultura Asaltos! clausurouse este sábado subindo ao ring creativo da Cidade da Cultura de Galicia á filóloga Chus Nogueira xunto aos poetas galegos Antón Blanco e Elías Portela, Premio Minerva e Premio Poesía Afundación, respectivamente, e arbitrados neste combate sobre versos por Silvia Penas, poeta, filóloga, performer e vocalista do grupo Cinta Adhesiva.

Santiago, 11 de Novembro de 2018

A exposición Castelao maxistral. A boa  obra ao mestre honra  ten recibido preto de 11.000 visitantes no seu primeiro mes de apertura.

Santiago, 09 de Novembro de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia convértese esta fin de semana nun ring de combate dialéctico e creativo a través de Asaltos!, ciclo cultural nun formato orixinal e rompedor, no que se convida a personalidades de dentro e fóra de Galicia vencelladas co ámbito da literatura, da divulgación cultural, da tradución e da música a converterse en púxiles da palabra.

Santiago, 06 de Novembro de 2018

O próximo 19 de novembro terá lugar a entrega dos VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Fundación Cidade da Cultura, para favorecer a creación de novas empresas no eido das industrias culturais e creativas, e que contan co patrocinio de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a colaboración do Igape.

Páxinas