A Cidade da Cultura de Galicia continúa a despregar actividades ao redor de Castelao maxistral, a exposición que permite contemplar por vez primeira en Galicia a ‘A derradeira leición do mestre’, lendario cadro visitado xa por máis de 20.000 persoas. Este programa arrancará en 2019 cunha xornada dedicada ao exilio xa que foi nesta circunstancia cando o artista de Rianxo pintou o óleo que artella o relato da mostra.
A Cidade da Cultura de Galicia xa ten datas —do 7 ao o 16 de febreiro de 2019— para o festival máis vangardista das artes escénicas en Galicia, Escenas do cambio, no que se poderá ver un total de 17 obras escénicas, procedente de sete países (España, Portugal, Francia, Alemaña, Suíza, Polonia e Porto Rico) nunha programación que terá o privilexio de reunir nunha mesma edición a dous grandes referentes da vangarda, como son Esther Ferrer (Donostia, 1937) e Isidoro
A Cidade da Cultura comeza a súa celebración do Nadal esta fin de semana cun programa cargado de actividades para que a cativada da casa descubra as tradicións coas que se conmemoran estas festas noutras partes do mundo. O Museo Centro Gaiás abriu as súas portas esta tarde transformado nunha Cidade do Nadal engalanada coa luz e as cores propias desta época do ano.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, anunciou esta mañá que a Xunta de Galicia organizará no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a exposición máis ambiciosa realizada até o momento sobre a historia do fútbol galego. A mostra, titulada Valor e mestría.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González, anunciou esta mañá que as obras para a construción do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura de Galicia, comezarán o próximo luns, cumprindo así co calendario establecido que prevé a súa finalización no último trimestre de 2020 e a súa posta en marcha no Xacobeo 2021.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- …
- seguinte ›
- última »




