A organización da Maker Faire Galicia deu a coñecer esta mañá nunha rolda de prensa os detalles da que será a cuarta edición desta feira de inventores e inventoras, consolidada como unha das máis importantes a nivel europeo e punto de encontro innovador e colaborativo a nivel galego.
A Cidade da Cultura entregou esta tarde os VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco ás mellores ideas emprendedoras do ano no sector das industrias culturais e creativas. Nesta edición, o xurado decidiu premiar unha iniciativa para dar visibilidade á loita pola igualdade de xénero e dous proxectos que actualizan, a través do deseño e da tecnoloxía, elementos tradicionais da cultura galega.
O ciclo cultura Asaltos! clausurouse este sábado subindo ao ring creativo da Cidade da Cultura de Galicia á filóloga Chus Nogueira xunto aos poetas galegos Antón Blanco e Elías Portela, Premio Minerva e Premio Poesía Afundación, respectivamente, e arbitrados neste combate sobre versos por Silvia Penas, poeta, filóloga, performer e vocalista do grupo Cinta Adhesiva.
A exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra ten recibido preto de 11.000 visitantes no seu primeiro mes de apertura.
A Cidade da Cultura de Galicia convértese esta fin de semana nun ring de combate dialéctico e creativo a través de Asaltos!, ciclo cultural nun formato orixinal e rompedor, no que se convida a personalidades de dentro e fóra de Galicia vencelladas co ámbito da literatura, da divulgación cultural, da tradución e da música a converterse en púxiles da palabra.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- …
- seguinte ›
- última »




