As Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Galicia acollen desde hoxe ata o 18 de agosto Plástico a mareas, unha instalación artística de María José Arceo para alertar da alta contaminación que producen estes refugallos na contorna natural.
A Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Galicia Sustentable celebran na Cidade da Cultura de Galicia unha nova edición do InquEDU: Falemos de Educación. Ao longo das dúas xornadas do encontro, arredor de 700 rapaces e rapazas, acompañados dos seus docentes, participan neste evento para compartir iniciativas e proxectos innovadores realizados na aula, así como fomentar a convivencia entre os centros educativos, procedentes de diferentes puntos de Galicia.
A Cidade da Cultura de Galicia está a celebrar durante todo o día de hoxe Cidade Rompetiño, unha xornada de oito horas de música, deporte e cultura urbana, que dá resposta a un alto interese de xente nova que vincula o seu lecer a actividades deportivas —como parkour ou skate—
A Fundación Cidade da Cultura vén de convocar o concurso para adxudicar a explotación do servizo de restauración do complexo do Gaiás, que suma aos espazos actualmente en funcionamento (A Cantina do Gaiás e a cafetería O Roupeiro –no edificio CINC-) un novo restaurante-cafetería no Museo e unha terraza no Bosque de Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- …
- seguinte ›
- última »




