Sala de prensa

 
Santiago, 25 de Agosto de 2019

Valor e mestría. Galicia como fútbol, ‒exposición da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura sobre a historia, fitos e lendas dos 143 anos de historia deste deporte en Galicia‒ encara a súa recta final ao entrar na derradeira semana de exhibición no Museo Centro Gaiás.

Santiago, 24 de Agosto de 2019

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia está a celebrar esta tarde de sábado unha nova edición do festival Cidade Imaxinaria, na que centos de familias están a gozar dunha xornada lúdica ao aire libre, con entrada de balde, nun Gaiás convertido nun sorprendente mundo de fantasía, grazas a espectáculos e teatros circenses, con música,  xogos e obradoiros para todas as idades, incluído un espazo para bebés.

Santiago, 20 de Agosto de 2019

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, vén de pechar un acordo co Museo do Prado para exhibir dúas das súas obras: El Paraíso Terrenal, de Pieter Brueghel o Novo, e La muerte de Lucrecia, atribuído a Luca Cambiaso, Luqueto.

Santiago, 12 de Agosto de 2019

Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán e de balde da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, di esta semana deica logo ata o ano que vén con tres concertos este xoves, venres e sábado de Marinah, De Vacas e Best Boy

Santiago, 07 de Agosto de 2019
Imaxe da Cidade Imaxinaria Primavera (Manuel G. Vicente)

A Consellería de Cultura e Turismo celebra o vindeiro sábado 24 de agosto unha nova edición do festival Cidade Imaxinaria, convidando as familias a gozar dunha tarde lúdica ao aire libre, con entrada de balde, que transforma o complexo do Gaiás nun sorprendente mundo de fantasía.

Páxinas