A Xunta de Galicia explorará con arquitectos internacionais na Cidade da Cultura como mellorar o benestar da cativada e rapazada en centros de ensino, espazos públicos e cidades. Para iso, o Gaiás acollerá os vindeiros 1 e 2 de novembro V Playgrounds.
Carmina Burana soou este sábado en galego no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Foi o primeiro dos tres concertos do ciclo Viraxes, no que as bandas populares lle dan unha volta aos seus repertorios máis tradicionais, mesturando a súa música con xéneros como a clásica, o teatro ou o circo. O espectáculo, con entrada de balde e a participación de máis de 150 artistas, contou coa asistencia do director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo.
A Xunta de Galicia consolida na Cidade da Cultura o ciclo Reb/veladas na paisaxe coa inauguración hoxe da súa segunda edición, que mantén a súa cerna no valor cultural dos espazos naturais do Gaiás ‒Xardín Literario e Bosque de Galicia‒ e na visibilidade da muller na arte contemporánea ao volver apostar por comisarias galegas.
A versión en galego de Carmina Burana abre o sábado 21 de setembro na Cidade da Cultura o ciclo Viraxes, unha serie de tres concertos nos que as bandas de música populares fusionan o seu repertorio con outros xéneros e formatos como a música clásica, o circo ou o teatro, e co que a Xunta de Galicia quere apoiar a experimentación no eido musical.
A exposición da Xunta Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia chegou á súa fin na Cidade da Cultura, tras ter recibido preto de 30.000 persoas desde a súa apertura o 12 de abril, das cales 2.500 foron a través das visitas comentadas de balde que ofrece o Museo Centro Gaiás de martes a domingo, e máis de 1.500 foron escolares provenientes de centros galegos de ensino.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- …
- seguinte ›
- última »




