Sala de prensa

 
Santiago, 24 de Maio de 2019

A Cidade da Cultura de Galicia celebrou a tarde de hoxe unha homenaxe a clubs de fútbol galegos pioneiros, dentro do programa de actividades co que se arroupa a exposición Valor e mestría. Galicia como fútbol, que acolle o Museo Centro Gaiás ata o 1 de setembro deste ano.

Santiago, 22 de Maio de 2019

A Cidade da Cultura de Galicia festexará o Día Internacional da Música, que se celebra o 21 de xuño, cun concerto da mítica banda galega Os Resentidos, na Praza Central do Gaiás, nunha actuación de entrada libre e de balde.

Santiago, 18 de Maio de 2019
Día dos Museos 2019. Fotos: Manuel G. Vicente

Este sábado o Museo Centro Gaiás volve ser un fervedoiro de actividade con motivo dos festexos do Día Internacional dos Museos (DIM19). A Cidade da Cultura está a desenvolver durante toda a xornada un amplo programa, enteiramente de balde, que inclúe edicións especiais das visitas comentadas ás exposicións, obradoiros e demostracións de artesanía que conxugan tradición e creación contemporánea e unha sesión vermú con piano-bar e ambientación anos 30.

Santiago, 17 de Maio de 2019

A Cidade da Cultura de Galicia está este 17 de maio a  celebrar o Día das Letras Galegas cunha lectura participativa e polas redes sociais de obras do homenaxeado neste 2019, Antonio Fraguas (Cerdedo, 1905 –Santiago de Compostela, 1999).

Santiago, 16 de Maio de 2019

 O director de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na apertura da mostra dedicada a Antonio Fraguas con motivo do Día das Letras Galegas no Arquivo e Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura.

Páxinas