Sala de prensa

 
Santiago, 13 de Setembro de 2019

 A Xunta de Galicia convida a familias e colexios a achegarse a xogar coa arquitectura na nova exposición da Cidade da Cultura, Argallar, que abriu hoxe as súas portas no terceiro andar do Museo Centro Gaiás. Ata o 10 de novembro a cativada que acuda ao Gaiás poderá trebellar, construír e interactuar con figuras e pezas xeométricas, unhas veces, dun xeito pautado e outras, desde unha perspectiva totalmente libre e autónoma por parte dos e das visitantes.

Santiago, 12 de Setembro de 2019

A Cidade da Cultura, a través do Centro de Emprendemento de Galicia (CEM), volve colaborar co festival de música máis vangardistas de Galicia con estas charlas, con entrada libre ata completar capacidade, presentadas polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo. Na súa intervención de benvida aos e ás participantes nos encontros, salientou o nexo común entre o WOS e a Cidade da Cultura, “xa que ambos teñen como obxecto ampliar espazos nos que amosar en Galicia a diversidade creativa”.

Santiago, 11 de Setembro de 2019

O ciclo Viraxes propón tres espectáculos amenos e diferentes, creados por bandas de música de Galicia, que en setembro e decembro levarán á Cidade da Cultura as súas propostas de experimentación musical nas que se atreven con xéneros como o circo, o teatro ou a música clásica.

Santiago, 07 de Setembro de 2019

 A Xunta de Galicia impulsará os días 18 e 19 de outubro na Cidade da Cultura o primeiro gran festival das artes e do emprendemento de Galicia, Audacia, que procura converterse nunha mostra da excelencia galega en produtos, servizos, convocatorias e iniciativas relacionadas coas creacións contemporáneas.

Santiago, 06 de Setembro de 2019

A Cidade da Cultura de Galicia afondará na música electrónica xerada por intelixencia artificial nunha nova edición dos encontros do Wos Festival que se celebrarán o vindeiro xoves, día 12, no Gaiás e baixo o paraugas nominal de WOS Talk x Fest Galicia 2019.

Páxinas