A Cidade da Cultura de Galicia festexará o Día Internacional da Música, que se celebra o 21 de xuño, cun concerto da mítica banda galega Os Resentidos, na Praza Central do Gaiás, nunha actuación de entrada libre e de balde.
Este sábado o Museo Centro Gaiás volve ser un fervedoiro de actividade con motivo dos festexos do Día Internacional dos Museos (DIM19). A Cidade da Cultura está a desenvolver durante toda a xornada un amplo programa, enteiramente de balde, que inclúe edicións especiais das visitas comentadas ás exposicións, obradoiros e demostracións de artesanía que conxugan tradición e creación contemporánea e unha sesión vermú con piano-bar e ambientación anos 30.
A Cidade da Cultura de Galicia está este 17 de maio a celebrar o Día das Letras Galegas cunha lectura participativa e polas redes sociais de obras do homenaxeado neste 2019, Antonio Fraguas (Cerdedo, 1905 –Santiago de Compostela, 1999).
O director de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na apertura da mostra dedicada a Antonio Fraguas con motivo do Día das Letras Galegas no Arquivo e Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura.
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá entre o 3 e o 7 de xullo a quinta edición da Maker Faire Galicia, que volve ao Gaiás enmarcada na programación do seu Centro de Emprendemento Creativo e con dúas novidades: celébrase a principios do verán e, debido ao éxito das anteriores, pasa de tres a cinco días de duración, ampliando as xornadas profesionais de unha a tres.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- …
- seguinte ›
- última »




