Sala de prensa

 
Santiago, 25 de Xuño de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convida as familias a participar o vindeiro sábado 28 de xuño no Gaiás en Desafío de cartón, unha actividade lúdica e educativa que fomenta a creatividade a través do xogo con materiais de refugallo. Trátase dunha intervención efémera, coa que a Praza Central da Cidade da Cultura se encherá de elementos reutilizables para que persoas de todas as idades teñan a oportunidade de construír estruturas e xoguetes co único límite da súa imaxinación.

Santiago, 24 de Xuño de 2025

A Xunta de Galicia inaugura este xoves 26 de xuño na Cidade da Cultura a exposición inmersiva CASTELAO. Mirar por Galicia, o primeiro proxecto galego de arte dixital que recupera a figura dunha personaxe histórica emblemática da nosa cultura con intelixencia artificial e cun amplo abano de tecnoloxías dixitais que inclúen hologramas, videomapping ou realidade virtual.

Santiago, 22 de Xuño de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe no Museo Centro Gaiás ao arranque da cuarta edición do Serán, Encontro Galego de Cultura Popular, unha cita que desde hoxe e ata o domingo 22 de xuño reunirá na Cidade da Cultura de Galicia ata un milleiro de intérpretes e 40 agrupacións de baile e música tradicional das catro provincias galegas. 

Santiago, 22 de Xuño de 2025

A Xunta de Galicia despide hoxe na Cidade da Cultura a cuarta edición do Encontro Galego de Cultura Popular, Serán’04 con dúas destacadas actuacións que poñen o ramo a tres intensos días de actividades ao redor da nosa música e baile tradicional. Por unha banda, un concerto de Coros Enxebres, coa participación do Coro tradicional Xacarandaina (A Coruña), Cantares do Brión (Gondomar), a centenaria Coral de Ruada (Ourense) e as Pandeireteiras de XOC, que reúne a intérpretes de Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos.

Santiago, 18 de Xuño de 2025

A Xunta de Galicia converte esta fin de semana o Gaiás en epicentro da nosa cultura popular, música e baile tradicional coa cuarta edición do Serán, que dá comezo o venres 20 de xuño e inclúe un gran festival folk que reunirá sobre o escenario algúns dos nomes máis destacados do ‘tradi’ actual:  Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Ninghures, Tres Pesos e Xosé Lois Romero & Aliboria. Os interludios entre as bandas correrán ao cargo da agrupación Os Enxebres de San Lázaro.

Páxinas