Sala de prensa

 
Santiago, 05 de Agosto de 2025

Os concertos ao aire libre de Atardecer no Gaiás están protagonizados esta semana por catro grupos e artistas galegos de estilos e orixes diversas. O xoves día 7 de agosto subirán ao escenario da Cidade da Cultura Melodiam, un dúo formado polas pontevedresas Almudena Díaz e Carlota Vázquez que fan a súa música desde Berlín, compoñendo temas de electrónica urbana con letras vitalistas que falan de temas universais e nos que coidan ao detalle todos os aspectos da produción.

Santiago, 03 de Agosto de 2025

A Xunta aposta por un ocio familiar de calidade en Cidade Imaxinaria con máis de medio centenar de artistas e 14 compañías galegas, nacionais e internacionais, moitas delas recoñecidas en festivais ao redor do mundo. A cita terá lugar na Cidade da Cultura o vindeiro sábado 6 de setembro, desde as 17,00 horas ata as 22,00 horas, con entrada libre e de balde.

Santiago, 29 de Xullo de 2025

O tránsito de xullo a agosto en Atardecer no Gaiás chega con Mocho Gris e La Toñi, dúas propostas pop diferentes para o ciclo de concertos ao aire libre na Cidade da Cultura que organiza a Xunta de Galicia. O xoves 31 de xullo o dúo galego-portugués formado por Lucas de Centi (líder das bandas galegas Néboa e Mel) e João Neves (artista luso colaborador de Baiuca) actuará no escenario da Praza central cunha proposta que reúne elementos do indie, da electrónica e do jazz para darlle unha volta á música pop de ambos lados do Miño.

Santiago, 23 de Xullo de 2025

Con motivo da cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2025, o Museo Centro Gaiás pechará ao público o xoves 24 de xullo de 10.00 a 15.30 horas, polo que durante a mañá non poderá visitarse o edificio nin as exposicións que acolle, suspendéndose ademais as visitas comentadas. Volverá abrir en horario de tarde (de 15.30 a 20.00 h).

Fogos do Apóstolo na noite do 24 de xullo

Santiago, 15 de Xullo de 2025

O ciclo de concertos Atardecer no Gaiás que programa a Xunta de Galicia na Cidade da Cultura celebra o xoves 17 de xullo o seu primeiro Atardecer Fest, unha xornada especial con varias actuacións que este ano dedica en exclusiva á música urbana. O madrileño Al Safir, a malagueña Faenna e o vigués Dirty Suc, tres voces destacadas da escena do rap galego e español, serán os protagonistas a partir das 21,00 horas na Praza central do Gaiás.

Páxinas