O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou esta mañá a mostra Boris Savelev. Viewfinder, unha forma de mirar na Cidade da Cultura, un proxecto expositivo da Xunta de Galicia que achega ao público galego a obra dun dos fotógrafos urbanos contemporáneos máis influentes da súa xeración.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá a mostra Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia, que contempla a evolución destas agrupacións desde principios do século XX ata a actualidade. O proxecto, que se enmarca dentro das itinerancias expositivas da Cidade da Cultura, pode visitarse na Praza da Música de Ponteareas ata o vindeiro 30 de xuño.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe no Museo de Mar de Galicia Viquingos. Unha ollada desde Galicia, exposición con carácter internacional que permitirá ao público descubrir a pegada que deixaron na nosa cultura as incursións dos pobos nórdicos ao longo da Idade Media. A mostra, que se poderá visitar en Vigo ata o 28 de setembro, reúne 75 pezas procedentes de museos e institucións de Suecia, Galicia e Andalucía.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá a mostra Educando a mirada. Leccións de arte e deseño con motivo do Día Internacional dos Arquivos para poñer en valor o papel transformador do ensino artístico en Galicia. A exposición poderá visitarse no vestíbulo da Biblioteca e Arquivo de Galicia ata o vindeiro mes de outubro.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura Plastic biontes, unha intervención na que o colectivo Basurama converte en arte efémera refugallos plásticos industriais ao revestir cunha segunda pel as Torres Hejduk do Gaiás. Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, a Xunta presenta esta instalación que convida a reflexionar sobre escenarios futuros nos que o lixo non sexa só un residuo, explorando as súas potencialidades como ferramenta creativa e crítica.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »




