A Cidade da Cultura acollerá en novembro a primeira edición de SINTE. Foro internacional de arte e cultura dixital, un encontro que nace co obxectivo de abrir un espazo de reflexión e diálogo ao redor dos retos e oportunidades da creación dixital contemporánea.
A Xunta de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC) impulsan a instalación artística Arqueoloxía da festa, que se pode visitar de maneira gratuíta no Museo Gaiás ata o vindeiro 23 de novembro. A proposta rastrea os sedimentos acústicos dun campo da festa abandonado en Portomouro (Val do Dubra), revelando a diversidade de pegadas humanas e naturais na paisaxe e as súas transformacións.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás a exposición fotográfica Contemos Multitudes. Dano Cerebral Adquirido: onde as cousas volven a estar ben, que propón visibilizar a realidade das persoas que conviven con esta discapacidade. A iniciativa, liderada por Dano Cerebral Galicia, conta co apoio da Xunta de Galicia a través das Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e de Política Social e Igualdade.
A directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, inaugurou hoxe en Lugo a exposición Nicolás Muller en Galicia na Sede Afundación, entidade colaboradora deste proxecto na cidade que recolle imaxes dun dos grandes documentalistas da Europa do s. XX durante as súas viaxes á Comunidade.
A experiencia inmersiva Orixes pecha as súas portas na Cidade da Cultura o vindeiro domingo 26 de outubro coas entradas practicamente esgotadas e un balance de asistencia total que se achegará aos 30.000 visitantes. A instalación, que combina creatividade e tecnoloxía nunha aposta por achegar ao público galego propostas innovadoras no eido das artes dixitais, recrea unha viaxe a través da evolución da vida no planeta Terra, ao tempo que promove a conciencia medioambiental, especialmente entre as xeracións máis novas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »




