A Xunta de Galicia, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web da Cidade da Cultura --www.cidadedacultura.gal-- Cociñeiras ilustradas. Trátase
Os retos do sector musical no contexto actual, e concretamente no eido da música clásica, será o tema a tratar nun novo encontro virtual dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID-19. A sesión, que terá lugar este venres 29 de maio, contará coa participación do ensaísta e crítico musical Juan Ángel Vela del Campo, e da directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, Sabela García Fonte.
A Xunta vén de convocar unha nova edición do seu Encontro de Artistas Novos (EAN) que en 2020 cumpre dez anos ao redor da arte emerxente e a creación contemporánea. O EAN10 ofrece a corenta novos creadores a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no complexo da Cidade da Cultura durante a que presentar o seu proxecto creativo, ademais de optar a realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, co Camiño de Santiago como eixo.
A segunda sesión dos Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID-19 analizará este venres 22 de maio os retos das artes escénicas no contexto actual, nun encontro virtual coa participación da directora artística e directora de escena de Voadora, Marta Pazos, e o director artístico de La Fura dels Baus, Carlus Padrissa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- …
- seguinte ›
- última »



