A Cidade da Cultura acolle o sábado 11 de xullo un dos concertos da xira estival da estrela internacional do reguetón Feid (coñecido tamén como Ferxxo). O músico colombiano recala en Santiago de Compostela como parte da súa xira Falso Tour, que tamén pasará por Madrid, Barcelona, Alicante e Murcia. A actuación conta coa colaboración de Concertos do Xacobeo.
Feid ten colaborado con iconos da música urbana latina como Bad Bunny, Karol G ou J Balvin, ademais de unir o seu estilo ao pop de Madonna no éxito internacional Read My Lips, unha das cancións do Mundial de Fútbol 2026.
Toda a información nesta ligazón web.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
Sáb — Dom
12.00 e 17:00 horas




























