Cooperativismo. Asembleas e reunións.

Unha das características de moitas organizacións como as cooperativas, as asociacións sen ánimo de lucro, as sociedades laborais ou os centros de ensino é que para o seu funcionamento deben realizar numerosas reunións. Este curso busca fortalecer as competencias na organización de asembleas e reunións. 

Pártese dos problemas máis comúns das mesmas, como saírse da orde do día, prolongarse demasiado no tempo, non chegar a conclusións claras, etc. Formúlanse metodoloxías prácticas para superar ditos problemas e fomentar unha vivencia positiva e un traballo proveitoso nas reunións e asembleas.

Dirixido a público en xeral, especialmente ás persoas das cooperativas, sociedades laborais, asociacións, centros de ensino e todas aquelas que queiran mellorar as súas competencias na xestión de reunións. 

Obxectivos:

  • Presentar diferentes metodoloxías para a mellora das reunións e asembleas.
  • Experimentar con ditas metodoloxías para comprobar a súa validez, nas sesións presenciais.
 
 
pdf 143.31 KB
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h