Atlantic Green Hub

Atlantic Green Hub reunirá as principais empresas do sector ambiental e restos de sectores industriais estratéxicos os días 23 e 24 de outubro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, nun encontro organizado polas agrupacións industriais ambientais Viratec (Galicia) e Aclima (Euskadi).

O evento busca achegar ao sector empresarial alternativas que axuden ás empresas a acelerar a súa transición ecolóxica, para ser máis competitivas nun mercado cada vez máis globalizado e esixente en normativa. Baixo o lema ‘Empowering clean and competitive industry’, o foro está dirixido a empresas de todos os sectores produtivos, entidades e institucións que busquen transitar con éxito cara a modelos de xestión circulares e competitivos.

Durante os dous días que dure o encontro profesional crearanse instancias para promover alianzas entre entidades de diferentes sectores. Ademais, Altantic Green Hub permitirá coñecer experiencias e empresas líderes na transformación verde da economía nun territorio de referencia ambiental como é o Eixo Atlántico.

Así mesmo acollerá unha análise institucional sobre a necesidade de avanzar cara a unha economía neutra en carbono e competitiva, na que participarán diferentes comunidades autónomas da área de influencia do Eixo Atlántico. Tamén incluirá un espazo de networking e zona feiral na que se desenvolverán eventos paralelos e relatorios relacionados coa temática.

As entidades interesadas en participar no Atlantic Green Hub, poden consultar o programa e inscribirse a través da web do evento www.atlanticgreenhub.com

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h