Máis de 3.000 persoas inscribíronse para asistir ao Spin2016, o maior evento dedicado ao emprendemento universitario, que se celebrará na Cidade da Cultura do 29 de setembro ao 1 de outubro. Desde hoxe xa non é posible rexistrarse no evento mais haberá retransmisión en directo que poderá seguirse a través de tv.spin2016.org.
A Cidade da Cultura celebra unha nova edición do Nexos convida... coa presenza da escritora Nélida Piñón. Da man da profesora Dolores Vilavedra, a Sala Eisenman acollerá o vindeiro 4 de outubro un diálogo sobre a traxectoria vital e literaria da Premio Príncipe de Asturias 2015.
A Cidade da Cultura de Galicia converteuse esta mañá no punto de encontro dos participantes no ‘SpinWay’, no que dez grupos de emprendedores universitarios de Iberoamérica desenvolverán ideas de negocio ao tempo que realizan o Camiño de Santiago.
conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o vicepresidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Ramón Sestayo Lestón, participaron esta mañá na Biblioteca e Arquivo da Cidade da Cultura na presentación da exposición COGAMI: arte capaz, unha mostra que ofrece unha escolma dos traballos levados a cabo por parte de 226 persoas con discapacidade física ou intelectual realizados en centros e asociacións de diferentes zonas de
O Spin 2016, o maior evento dedicado ao emprendemento universitario de Iberoamérica, arranca na Cidade da Cultura o vindeiro 29 de setembro coa masterclass do músico e compositor arxentino Gustavo Santaolalla, gañador de dous Premios Oscar á Mellor Banda Sonora por Brokeback Mountain e Babel e 17 Premios Grammy.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 207
- 208
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- 215
- …
- seguinte ›
- última »




