Sala de prensa

 
Santiago, 10 de Marzo de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe a exposición Mulleres Sobranceiras. Luísa Villalta. Música, palabra e compromiso no Arquivo de Galicia como parte da programación da Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller. Trátase dunha mostra que recupera parte dos fondos persoais da autora, recentemente cedidos pola familia, e que pode visitarse ata o vindeiro mes de decembro.

Santiago, 08 de Marzo de 2026

A Xunta de Galicia programará unha xornada lúdica na Cidade da Cultura arredor do potencial artístico e creativo do xogo. Será o vindeiro sábado 14 de marzo cando, ao longo de toda a xornada, se desenvolverá no Museo Centro Gaiás un amplo abano de actividades que inclúen desde instalacións sensoriais e arquitecturas inchables ata obradoiros creativos de experimentación artística.

Santiago, 03 de Marzo de 2026 a Santiago, 05 de Marzo de 2026

A  directora-xerente da Fundación da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, inaugurou hoxe a mostra Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia, que exhibe a evolución destas agrupacións desde principios do século XX ata a actualidade. O proxecto, que se enmarca dentro das itinerancias expositivas do Gaiás, pode visitarse no Campo da Feira de Guitiriz ata o 25 de marzo.

Santiago, 26 de Febreiro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás a exposición As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI.

Santiago, 16 de Febreiro de 2026

A Xunta de Galicia abre a finais do mes de febreiro no Museo Centro Gaiás As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI, unha exposición concibida como experiencia sensorial e inmersiva ao redor das representacións estéticas da primavera, o verán, o outono e o inverno galegos.

Páxinas