O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá no Museo Centro Gaiás a exposición Mundo expandido. Entre o físico e o virtual. Conformada por máis de 80 obras que inclúen instalacións interactivas, videoxogos, obxectos históricos e pezas artísticas, esta mostra de Fundación Telefónica explora os límites da realidade física e da simulación dixital e afonda na omnipresenza dos mundos virtuais na nosa sociedade.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Siro. A vida nun lápis coa que a Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, celebra o Día da ilustración, unha efeméride que se celebra na data de nacemento de Castelao e que este ano está dedicada a Siro López (Ferrol, 1943), un dos grandes debuxantes da Comunidade, aínda en activo.
A Xunta de Galicia convida ás familias a celebrar o entroido na Cidade da Cultura con O baile das esculturas, unha tarde de festa na que dar vida aos personaxes da exposición Francisco Asorey. Unha recuperación necesaria. A xornada, que se desenvolverá na tarde do 16 de febreiro, contará con animación musical, obradoiros de danza urbana e un concerto tributo Lembra Xabarín.
⚠️ Por mor das condicións meteorolóxicas adversas previstas polo paso da borrasca Ingrid nesta fin de semana, pregamos a todas as persoas que se acheguen á Cidade da Cultura que extremen as precaucións e eviten atravesar o Bosque de Galicia e as zonas de arboredo. Recoméndase, igualmente, empregar os accesos asfaltados ao Gaiás e camiños con pavimento para evitar caídas e esvaróns.
A Xunta de Galicia fomenta a accesibilidade das persoas xordas e xordocegas á programación da Cidade da Cultura mediante a colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, en liña cos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible impulsada polo Goberno galego.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »




