Sala de prensa

 
Santiago, 21 de Xullo de 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá a coñecer o nome dos corenta creadores seleccionados para participar no VII Encontro de Artistas Novos “Cidade da Cultura”, que terá lugar do 27 de ao 31 de agosto no Gaiás.

Santiago, 19 de Xullo de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañou hoxe o premio Nobel de Física 2012, Serge Haroche, na súa visita á Cidade da Cultura de Galicia, un percorrido no que tamén participou o profesor Jorge Mira. Haroche visita estes días a capital galega no marco do Programa de divulgación científica ConCiencia 2017, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago, 19 de Xullo de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia celebra esta semana tres novos concertos de Atardecer no Gaiás 2017, con música para todos os gustos: da cumbia alternativa de Bareto ao trap de C. Tangana e os ritmos brasileiros de Gustavo Almeida.

Santiago, 18 de Xullo de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia exhibe no Instituto Cervantes de Toquio a exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan, mostra sobre a obra dun dos referentes da historia da fotografía en Galicia e España na primeira metade do século XX. Tras o seu paso por Madrid, Bos Aires, Montevideo e París, a mostra chega agora a Xapón, un dos países que máis marcaron a traxectoria profesional e vital de José Suárez.

Santiago, 13 de Xullo de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia e o Instituto Galego do Viño promoverán desde o Centro de Emprendemento do Gaiás actividades formativas e de asesoramento que beneficiarán ás empresas emprendedoras.

Páxinas