Sala de prensa

 
Santiago, 03 de Novembro de 2017

O Arquivo de Galicia recibiu hoxe o legado artístico e intelectual do músico galego Germán Lago (Vigo, 1883 – Madrid, 1967), que chega á súa terra natal cando se cumpren 50 anos do seu pasamento.

Santiago, 25 de Outubro de 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dará a coñecer in situ, o vindeiro 14 de novembro, o nome dos gañadores dos V Premios Emprende Gaiás Sixto Seco, certame convocado pola Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración do Igape e patrocionio de Afundación, co que se pretende favorecer o emprendemento no eido das industrias culturais.

Santiago, 24 de Outubro de 2017

A Biblioteca de Galicia pon en marcha unha serie expositiva para dar a coñecer entre a cidadanía as incorporacións máis recentes aos seus fondos.

Santiago, 23 de Outubro de 2017

O proxecto ‘AAMA’ (Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica) vén de ser elixido gañador da V Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, certame organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración coa Deputación da Coruña, e aberto a todos os participantes no VII Encontro de Artistas Novos (EAN7), entre os que se atopaba o seu art

Santiago, 20 de Outubro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia convida este ano a gozar non dun, senón de dous Magostos no Gaiás, os vindeiros 11 e 18 de novembro, coa música de Susana Seivane e Luís Emilio Batallán, respectivamente, grazas á colaboración da AGADIC; e cunha protagonista que nunca pode faltar, a castaña. Desta vez, degustarase dun xeito orixinal, en diferentes petiscos que a levarán como ingrediente principal coa colaboración da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.

Páxinas