Sala de prensa

 
Santiago, 27 de Marzo de 2019

A Cidade da Cultura de Galicia porá o foco no importante valor do fútbol como ferramenta de inclusión social e superación persoal na mesa redonda organizada para o vindeiro 10 de abril, dentro da variada programación de actividades ao redor da exposición

Santiago, 16 de Marzo de 2019

A Cidade da Cultura comezou esta mañá a plantación de árbores do Bosque do Camiño e fíxoo co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado por representantes de colectivos vencellados ás rutas xacobeas. A partir de agora, poderán facelo todos os peregrinos que desexen deixar a súa pegada na paisaxe de Compostela.

Santiago, 14 de Marzo de 2019
CreaGaiás 2019

O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura organiza unha nova edición de CreaGaiás, co obxectivo de darlle visibilidade e pór de relevo o traballo das persoas emprendedoras do sector cultural e creativo. Dous certames de fotografía co emprendemento como eixe e unha xornada lúdico-formativa programada para o vindeiro 11 de abril compoñen o programa desta iniciativa promovida pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a empresa de xestión cultural Correveydile.

Santiago, 13 de Marzo de 2019

A Cidade da Cultura farase eco na súa vindeira exposición, Pensar coas mans.

Santiago, 11 de Marzo de 2019

A Cidade da Cultura contará  cun Bosque do Camiño con árbores autóctonas plantadas por peregrinos chegados de todo o mundo, que deixarán a pegada da súa experiencia na paisaxe da capital de Galicia.

Páxinas